miércoles, 17 de diciembre de 2008

Cristo nace nos nosos corazóns


Xa falta pouquiño para o Nadal, esa data do calendario en que conmemoramos a Natividade do Noso Señor Xesús Cristo. Iso aconteceu hai máis de dous mil anos e continúa a acontecer nos nosos corazóns unha vez ao ano desde aquel tempo. Claro que Xesús pode nacer no noso corazón en calquer tempo do ano porque él é a segunda persoa da Santísima Trindade. Cando o Espírito Santo nos ilumina tamén nacemos a Deus pai e a Xesús e tamén Xesús nace en nós, ainda que non coincida co Nadal. Pero en volta da data do 25 do mes de Nadal (decembro) algo máxico acontece. Non vos fixastes no rebumbio que se forma arredor do Nadal? Nos regalos, nas vacacións? Se ata os maiores nos alegramos, que somos tan serios todo o ano. Iso non é porque o cole dea vacacións. É por algo máis. Porque o nacimento do único fillo de Deus ten tanta forza que é capaz de arrastrar a mozos e maiores desde hai máis de dous mil anos. Hai outros fitos importantes como a morte e a resurreción de Xesús no ano litúrxico pero a min o que me enche de máis alegría é o Nadal. Por que? Porque o nacemento de Xesús trae a alegría ao mundo. Os bos desexos, feliz Nadal, paz e ben, próspero ano novo e todo iso tan fermoso.

Escrito por Paco no blog Santo Espírito

No hay comentarios: