Hoxe, luns, día 16/03/2009 De parroquias e dioceses emerxen cada vez máis historias de personaxes eclesiásticas, anónimas, apaixonantes e dignas de ser coñecidas e contadas. Estes curas de vida anónima esquécense de si mesmos para axudar a súa comunidade e van moito máis alá dunha simple condición de crego, pois moitos deles non renuncian ás súas afeccións nin cren que haxa ningunha contradición entre ambas as dúas condicións: son curas que fan os quilómetros que faga falta para que a xente reciba misa na súa capela de toda a vida; curas novos e que ven nas novas tecnoloxías unhas aliadas e tamén sacerdotes que cren que co galego achegan mellor a súa mensaxe.
Así, o programa achega hoxe a personalidade de Juan Carlos Martínez, un crego moi novo, pois ten 27 anos, que atende el só a sete parroquias en Oza dos Ríos. Está tan unido á súa parroquia que non dubidou en unirse á orquestra da mesma, Onx, é dicir, unha orquestra que toca en playback para que ningunha aldea quede sen festa e sen verbena. O crego é o baixista do grupo e ademais acaba de empezar como axudante do capelán do cárcere de Teixeiro.

1 comentario:
demasiado o programa adicado a Juan Carlos el sempre foi asi, cando estivo en Marin xa era moi de contar chistes e moi amigo de todos ¡tres hurras por Juan Carlos1
Publicar un comentario